TEXTO 1:
1. Define o significado que teñen no texto os seguintes termos:
cambio natural:
xeración:
esencia:
inherente:
2. ¿Con que termos usados na clase -e nos apuntamentos- se corresponden as dúas expresións seguintes?:
“destrución”:
“constitutivo inherente do que se fai algo”:
3. Enuncia a idea principal das cinco primeiras liñas do texto.
4. Enuncia a idea principal que se defende no resto do texto.
5. Enuncia o tema do texto cun título que recolla as dúas ideas extraídas anteriormente.
6. ¿Que problema, xa de tempos dos presocráticos, pretende resolver Aristóteles con esta teoría? A resposta a esta pregunta nun comentario de texto corresponderíase coa “contextualización filosófica”, respóndea, pois, con amplitude servíndote dos apuntamentos.
7. As liñas 6-9 remiten a outra teoría aristotélica. ¿Cal? Explica de xeito resumido dita teoría.
jueves, 24 de diciembre de 2009
miércoles, 9 de diciembre de 2009
miércoles, 25 de noviembre de 2009
MéTodos CientíFicos En BiologíA
A continuación tes unha presentación que che describe os pasos do método científico usando exemplos clarificadores.
viernes, 20 de noviembre de 2009
Aristóteles
A continuación tes un completo esquema das teorías aristotélicas
Aristóteles
View more presentations from Bernardo Rodríguez.
Aristoteles Introducción
Introducíón á teoría de Aristóteles
Aristoteles Introducción
View more presentations from arme.
Filosofía helenística
Check out this SlideShare Presentation:
Filosofía helenística
View more presentations from José Lucas.
martes, 6 de octubre de 2009
Falando de relativismo...

Ás veces cometemos erros porque tratamos os puntos de vista relativos coma se fosen absolutos, pero outras veces prodúcese o erro contrario: atribuímos relatividade a algo que é absoluto. Le a seguinte historia e medita sobre ela:
"o centinela dun acorazado ve unha luz que se aproxima por estribor. O capitán pídelle que emita unha sinal para alertar á outra embarcación: - ¡Aconsellamos que cambiedes o voso curso 20 graos inmediatamente!. Chega a resposta: - ¡Aconsellamos que cambiedes o voso curso 20 graos inmediatamente!. O capitán monta en cólera. - Aquí o capitán. Imos chocar. Cambiade o voso rumbo vinte graos, ¡agora mesmo!Chega a resposta: -Pois aquí un mariñeiro de segunda clase, e ínstovos urxentemente a cambiar o voso rumbo 20 graos. O capitán está cego de ira. Manda unha sinal: - ¡son un acorazado! e chega a resposta - ¡e eu un faro!"
viernes, 2 de octubre de 2009
Consecuencias do relativismo
- N o Dereito
Se a lei natural non é universalmente válida, cada un ten dereito a seguir o seu propio arbitrio
Se a lei do Estado llo impide constitúe unha lesión do seu dereito natural
Logo as leis positivas son preceptos arbitrarios establecidos por quenes teñen poder para facelas, e en beneficio propio - Na Moral
Os valores morais tampouco existen por natureza, baséanse en convencións
e teñen validez diferente segundo tempo e lugar. - Na Relixión
É unha invención do home
A experiencia de inxustza no mundo contradí a xustiza divina
É unha proxección útil
Temor aos deuses como sustituto das leis
Posibilita a expresión dos sentimientos - Na teoría do Coñecemento
Sobre cada cousa existen dúas afirmacións contrarias, logo non existe nada obxectivo
O home é a medida de todas as cousas, en función de como o serven, de como lle son útiles
Rexeitase todo o que vai máis alá (Escepticismo)
Todo ser é subxectivo e cambiante (relativismo) porque as cousas valen en función de como nos son útiles
jueves, 1 de octubre de 2009
Exercicios tema 1
1. Busca un relato mítico e coméntao aplicando a esa narración todos os trazos dos mitos que estudamos na clase.
2. Realiza un cadro comparativo entre os trazos do pensamento mítico e os do "logos" ou pensamento racional.
2. Realiza un cadro comparativo entre os trazos do pensamento mítico e os do "logos" ou pensamento racional.
lunes, 28 de septiembre de 2009
Tema 1
Sabemos que é necesario estudar o contexto histórico e intelectual no que se enmarcan os pensadores que imos estudar, por iso cómpre facer os exercicios que corresponden a este tema, pese a ser só introductorio. ¡A traballar!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
