jueves, 24 de diciembre de 2009

Exercicios para alumnos de 2º que teñen que facer proba de recuperación

TEXTO 1:
1. Define o significado que teñen no texto os seguintes termos:
cambio natural:
xeración:
esencia:
inherente:
2. ¿Con que termos usados na clase -e nos apuntamentos- se corresponden as dúas expresións seguintes?:
“destrución”:
“constitutivo inherente do que se fai algo”:
3. Enuncia a idea principal das cinco primeiras liñas do texto.
4. Enuncia a idea principal que se defende no resto do texto.
5. Enuncia o tema do texto cun título que recolla as dúas ideas extraídas anteriormente.
6. ¿Que problema, xa de tempos dos presocráticos, pretende resolver Aristóteles con esta teoría? A resposta a esta pregunta nun comentario de texto corresponderíase coa “contextualización filosófica”, respóndea, pois, con amplitude servíndote dos apuntamentos.
7. As liñas 6-9 remiten a outra teoría aristotélica. ¿Cal? Explica de xeito resumido dita teoría.