martes, 6 de octubre de 2009

Falando de relativismo...


Ás veces cometemos erros porque tratamos os puntos de vista relativos coma se fosen absolutos, pero outras veces prodúcese o erro contrario: atribuímos relatividade a algo que é absoluto. Le a seguinte historia e medita sobre ela:

"o centinela dun acorazado ve unha luz que se aproxima por estribor. O capitán pídelle que emita unha sinal para alertar á outra embarcación: - ¡Aconsellamos que cambiedes o voso curso 20 graos inmediatamente!. Chega a resposta: - ¡Aconsellamos que cambiedes o voso curso 20 graos inmediatamente!. O capitán monta en cólera. - Aquí o capitán. Imos chocar. Cambiade o voso rumbo vinte graos, ¡agora mesmo!Chega a resposta: -Pois aquí un mariñeiro de segunda clase, e ínstovos urxentemente a cambiar o voso rumbo 20 graos. O capitán está cego de ira. Manda unha sinal: - ¡son un acorazado! e chega a resposta - ¡e eu un faro!"

No hay comentarios:

Publicar un comentario